SEN ACTIVIDADE PROFESIONAL (DESEMPREGADOS E XUBILADOS): (40%)

By | 1 julio, 2014

SEN ACTIVIDADE PROFESIONAL (DESEMPREGADOS E XUBILADOS): (40%)

Desempregados/as.

Beneficiarios/as:

Os/As colexiados/as que se atopen en situación de desemprego, que non exerzan a profesión por conta propia ou allea e que presenten a correspondente documentación acreditativa.

Documentación Acreditativa:

  • Certificado de demandante de emprego do Servizo Galego de Colocación, do INEM ou servizo público similar.
  • Declaración expresa manifestando cumprir os requisitos para gozar da bonificación correspondente, comprometéndose a notificar calquera modificación nas circunstancias que orixinan a aplicación da presente bonificación ao Colexio . Modelo dispoñible no seguinte ENLACE.

Xubilados/as sen actividade profesional

a. Beneficiarios/as:

Os/As colexiados/as que non exerzan a actividade por conta propia, e que se atopen
en situación de xubilación ou prexubilación, incapacidade total, absoluta ou gran
invalidez para o exercicio da profesión, poderán solicitar dita bonificación mediante a
presentación da correspondente documentación acreditativa.

b. Documentación acreditativa:

  • - Documento emitido pola Seguridade Social ou da Hermandad Nacional de
  • Arquitectos acreditando que o colexiado solicitante se atopa na situación de
  • xubilado, prexubilado, incapacidade total, absoluta e gran invalidez.
  • - Declaración expresa manifestando cumprir os requisitos para disfrutar
  • a bonificación correspondente, comprometéndose a notificar calquera
  • modificación nas circunstancias que orixinan a aplicación da presente
  • bonificación ao Colexio.

RESIDENTES NO ESTRANXEIRO: (40%)

a. Beneficiarios/as:

Os/as colexiados/as que residan en calquera país estranxeiro, durante o período
no que conste que non residan en España, sempre que o xustifiquen aportando a
correspondente documentación acreditativa.

Documentación requirida:

- Documentación acreditativa da súa residencia no estranxeiro a convir coa
Secretaría colexial. A modo de exemplo indícanse os seguintes documentos:
acreditación de empadronamento, contrato de alugueiro, certificado de
residencia no país, ,….
- Declaración expresa manifestando cumprir os requisitos para disfrutar
a bonificación correspondente, comprometéndose a notificar calquera
modificación nas circunstancias que orixinan a aplicación da presente
bonificación ao Colexio .