Author Archives: monferro

NORMAS COMÚNS A TODAS AS BONIFICACIÓNS:

  • A solicitude de aplicación de calquera bonificación suporá unha aceptación expresa dos requisitos establecidos polo Colexio, implicando un compromiso de comunicar calquera modificación nas circunstancias que fundamentan o dereito a aplicala.
  • Non se aplicarán con carácter retroactivo, senón que se aplicarán desde a data de acreditación da situación que de lugar á bonificación correspondente.
  • Suporán un desconto exclusivamente no importe da cota básica colexial.
  • Aplicaranse exclusivamente mentres o Colexio teña constancia do mantemento da situación que orixinou o dereito a percibila.
  • A aplicación de bonificación por atoparse en situación de desemprego, xubilación, prexubilación, incapacitación total, absoluta ou gran invalidez serán incompatibles co exercicio libre da profesión.
  • Os colexiados que no exercicio anterior aplicaron as bonificacións por ser funcionarios ou asalariados públicos con dedicación exclusiva, xubilados, prexubilados, ou por ter recoñecida unha incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, non precisaran
  • entregar a documentación acreditativa da vixencia da situación que da lugar á aplicación da bonificación, sempre e cando se manteñan as circunstancias que orixinaron o dereito á bonificación e salvo requirimento expreso da Secretaría colexial.
  • Os colexiados que soliciten unha bonificación por desemprego ou residencia no estranxeiro deberán aportar a documentación acreditativa correspondentes, a pesar de que xa se lle aplicara a bonificación no exercicio anterior.
  • A documentación acreditativa requirida para a aplicación da bonificación correspondente, deberase entregar dentro dos 15 días seguintes á solicitude da bonificación.
  • Os colexiados que soliciten unha bonificación e que non aporten a documentación acreditativa no período indicado, deberán abonar a cota íntegra anual que resultaría de non aplicar a bonificación. Isto non implica a perda do dereito á bonificación senón
  • que supón que neses supostos a aplicación efectiva da bonificación quedará pendente de que os colexiados aporten toda a documentación acreditativa correspondente.
  • A ocultación ou simulación de datos que o Colexio deba coñecer no exercicio das súas funcións de control ou para o reparto equitativo das cargas colexiais, segundo o art. 69,3 j) dos Estatutos, constitúe unha infracción grave suxeita a responsabilidade disciplinaria.
  • As bonificacións dispoñibles en exercicios anteriores, que non se recollan na presente regulación das cotas, caducarán cando remate o ano natural no que se recoñeceron.
  • A Secretaría colexial, en caso de estimalo oportuno, reservarase a posibilidade de requirir os documentos que considere necesarios para completar a acreditación da bonificación.